Friday 03 de May de 2024

O multiúsos de Frades acolle este sábado a primeira sesión do espectáculo de monicreques “A viaxe de Rosalía”


O multiúsos de Frades acollerá este sábado 5 de marzo, ás 11:30 horas, o espectáculo de monicreques “A viaxe de Rosalía”, organizado polo programa de dinamización lingüística FalaRedes en colaboración co Concello de Frades. A entrada é totalmente libre e de balde.

A función, pensada pensada para un público a partir dos seis anos de idade, será a primeira posta en escena deste espectáculo de monicreques de mesa e música que ten como fío condutor a Francisca Campo, que conta a historia da súa afillada: Rosalía de Castro. Da súa man e durante uns 45 minutos, os presentes coñecerán as vivencias cotiás que foron conformando a personalidade da que se convertería na escritora máis recoñecida da literatura galega.